menú

Estrea da 7ª tempada de ‘Juego de Tronos’ no dial 31 da televisión R

13/07/2017
Blog R

Só hai unha guerra que importa, a gran guerra. E xa está aquí. Este é o principio do final. Movistar Series XTRA (dial 31) estrea a sétima tempada de ‘Juego de Tronos’ na madrugada do domingo 16 ao luns 17 de xullo, estrea simultánea a EEUU en VOS. A versión dobrada emítese o luns ás 00:00 h.

Apoiada polos seus tres dragóns e un enorme exército de fieis ‘dothrakis’, Daenerys Targaryen cruza ao fin o Mar Angosto cara a Poniente na compaña de Tyrion e Varys para recuperar o que é seu por dereito. Pero as consecuencias da súa chegada poderían ser impredicibles.

Mentres tanto, Cersei Lannister impón o seu mandato nos Siete Reinos dende o Trono de Hierro, allea ás conspiracións dos Martell e os Tyrell, aínda sedentos de vinganza. Tras o anuncio do inverno coa chegada do corvo branco de Antigua, Jon e Sansa permanecen alerta no Norte, conscientes da ameaza que se aproxima máis aló do Muro, cando son probablemente os únicos capaces de mobilizar Poniente para opoñer resistencia ao exército do Rey de la Noche.

A serie máis recoñecida por público e crítica

Ao longo das súas sete tempadas, ‘Juego de Tronos’ converteuse no maior fenómeno fan da televisión actual. Cun total de 38 Emmys, é xa a serie máis premiada da televisión. Na última edición dos Emmy, foi recoñecida como Mellor serie Dramática por segundo ano consecutivo.

Esta tempada supón o principio da recta final: esta vez, só sete episodios que precederán ao esperado final da serie en 2018, con outras sete partes. El Rey de la Noche e o seu exército de Caminantes Blancos cobran especial protagonismo nos novos episodios.

Na nova tempada, España volve ser escenario da serie con localizacións en Praia de Muriola (Barrika), San Juan de Gaztelugatxe (Bermeo), Praia de Zumaia (Zumaia), Sevilla, Santiponce (Sevilla), Almodóvar del Río (Córdoba), Cáceres e Malpartida de Cáceres (Cáceres).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

22 comentarios

  1. Diego Martínez di:

    Vai estar no rebobina? Polo de agora a versión VOSE de onte non está.

  2. Mak di:

    Finalmente está en Rebobina?
    He contratado este canal sólo por esto…

  3. Vivi di:

    Hola! Estarán las temporadas enteras de juego de tronos en rebobina ?
    Gracias

  4. José Antonio Blanco Casais di:

    Pódese ver en rebobinaR nun portátil estando de vacacións?

  5. Elena di:

    Hola. Cuando estará disponible el sexto capítulo de la séptima temporada???

    • Hola, Elena.

      El sexto capítulo está disponible desde el pasado domingo de madrugada. De hecho yo lo vi el lunes.

      Justo al comienzo hay unos minutos de la versión doblada, pero si avanzas con el mando ya accedes al capítulo doblado. Hay varias carpetas, porque hay episodios en versión original, con extras… Con lo que es bueno revisar en todas, pero el episodio está 🙂

      Un saludo.