menú

Estrea da comedia ‘La vida en piezas’ en FOX Life

16/02/2016
Blog R

FOX Life (dial 28) e FOX (dial 20) estrean de forma simultánea a comedia ‘La vida en piezas’ o mércores 24 de febreiro ás 22:30 h. A partir do segundo episodio, a serie emitirase todos os domingos en FOX Life ás 23:00 h., desde o 28 de febreiro.

A canle dálle a benvida en febreiro a esta sitcom familiar: ‘La vida en piezas’ (‘Life in pieces’), unha nova produción cun elenco estelar capitaneado por unha parella de actores cunha longa traxectoria no cine e a televisión: James Brolin e Dianne Wiest.

James Brolin, gañador dun Globo de Ouro e un Emmy polo seu traballo en ‘Marcus Welby’, é un actor moi coñecido porque soubo combinar o cine e a televisión, onde participou en series tan recoñecidas como ‘Hotel’.

A súa compañeira nesta nova aventura televisiva é a incombustible Dianne Wiest, coa que xa traballou en ‘Sisters’. Wiest gañou dous Óscar por ‘Hannah y sus hermanas’ e ‘Balas sobre Broadway’. Ten unha longa traxectoria no cine con títulos como ‘Jaula de grillos’ ou ‘Eduardo Manostijeras’, e tamén traballou na pequena pantalla en series como ‘Ley y orden’ e ‘En terapia’, pola que conseguiu un premio Emmy en 2008.

Eles son os patriarcas da numerosa e divertida familia que protagoniza ‘La vida en piezas’. James Brolin e Dianne Wiest, ou o que é o mesmo, John e Joan son os pais de tres fillos cos que manteñen unha excelente relación. O pequeno é Greg (Colin Hanks, ‘Fargo’) e acaba de ser pai por primeira vez xunto á súa muller (Zoe Lister-Jones, ‘New Girl’). O fillo mediano, Matt (Thomas Sadoski, ‘The Newsroom’) parece ter atopado por fin ao amor da sua vida, que resulta ser unha compañeira de traballo chamada Coleen (Angelique Cabral, ‘Enlisted’); e a filla maior é Heather (Betsy Brandt, ‘Breaking Bad’), que está disposta a superar o síndrome do niño baleiro tendo outro fillo, aínda que terá que convencer ao seu marido (Dan Bakkedahl, ‘Veep’).

En cada episodio coñeceremos un pouco mellor a esta familia a través das peripecias destes personaxes, algúns deles capaces de calquera cousa. No primeiro episodio, o patriarca decide celebrar o seu 70 aniversario finxindo a súa propia morte para que todos asistan a un funeral ficticio.

‘La vida en piezas’ é unha creación de Justin Adler (‘Como la vida misma’), que ademais é produtor executivo xunto a Aaron Kaplan (‘The Mysteries of Laura’), Jason Winer (‘Modern Family’) e Jeffrey Morton (‘Modern Family’).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios