menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Especial ‘Trilogía El caballero oscuro’ en TNT

30/05/2016
Blog R

Batman chega a TNT (dial 22) para loitar contra a delincuencia imperante nas rúas de Gotham. O domingo 5 de xuño, desde as 15:45h., a canle emite un especial ‘Trilogía El caballero oscuro’, de Christopher Nolan.

Unha cidade consumida pola corrupción e o crime organizado. Un mozo orfo cargado de ira e sede de vinganza. Un heroe repleto de luces e sombras. Máis de sete horas de acción, drama e efectos espectaculares coa emisión de ‘Batman Begins’, ‘El caballero oscuro’ e ‘El caballero oscuro: la leyenda renace’.

Pero o temido home morcego non sempre foi o xusticieiro que todos coñecemos. Bruce Wayne, interpretado por Christian Bale, búscase a si mesmo entre criminais e bandas organizadas na primeira película da triloxía de Christopher Nolan, ‘Batman Begins’. Nela, Wayne é acollido pola liga das sombras e adoutrinado polo seu líder Ra’s Al Ghul, ao que finalmente terá que desafiar.

Pero Gotham non descansa tranquila, e mesmo os criminais máis poderosos da cidade se acovardan ante a aparición do vilán máis malvado de todos os tempos en ‘El caballero oscuro’; un ser capaz de facer chorar á cidade enteira malia dedicarlle o máis profundo dos sorrisos: o Joker.

En ‘El caballero oscuro: la leyenda renace’, a última parte da triloxía, cando a cidade goza da tranquilidade da que non gozou nunca e Batman se viu obrigado a colgar a súa capa, o malvado terrorista Bane fai a súa aparición co fin de sementar o caos en Gotham e arrasala ata os seus cimentos.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios