menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Especial Semana da Moda en TV5Monde

26/09/2016
Blog R

Durante nove días, do martes 27 de setembro ao mércores 5 de outubro, París, a capital da moda, vai vivir ao ritmo dos desfiles. Nesta ocasión, TV5MONDE (dial 201) lévate ao centro deste evento que reúne cada tempada a miles de amantes da moda.

O especial inclúe a emisión de tres documentais: ‘Crónicas de un decenio de moda’, que se emite os xoves 6 e 13 de outubro ás 18:40 h; ‘Tendencia XXI’, o sábado 8 ás 16:00 h; e ‘Versión francesa’, o sábado 8 ás 11:30 h e o sábado 16 ás 20:00 h.

‘Crónicas de un decenio de moda’ cóntanos como nunha década o mundo da moda pasou de ser un microcosmos parisiense a converterse nun extenso terreo do xogo mundial. Na década do 2000, París, capital histórica de luxo, acolle a talentos de todas as nacionalidades e mantén o seu liderado. Cales son os creadores e que achegaron á moda durante 10 anos?

Descobre o dinamismo da creación francesa no campo da moda vendo o especial ‘Tendencia XXI’. Unha vez máis, desfruta a experiencia dos creadores que nos fan soñar.

E con ‘Versión francesa’, descubre ou redescubre Francia e aos seus mozos creadores con invitados famosos e bos reportaxes.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*