menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Especial Festival de Tribeca en Sundance Channel

22/04/2016
Blog R

Coincidindo coa clausura da XV edición do festival neoiorkino, Sundance Channel (dial 9) rende a súa propia homenaxe cunha programación especial o domingo 24, a partir das 17:00 h.

Creado por Robert De Niro, Jane Rosenthal e Craig Hatkoff no ano 2002, o festival de cine de Tribeca é unha cita fundamental do cine independente a nivel internacional, incluíndo curtametraxes e documentais. O xurado está composto por críticos e profesionais do mundo do cine.

Paralelamente á sección oficial, desenvólvense conferencias e presentacións que converten o certame en escaparate e punto de encontro tanto de artistas consagrados como de novas promesas.

O especial de Sundance inclúe a proxección de tres películas premiadas no Festival:

Domingo 24 abril, 17:00 h.: ‘Stand Clear of the Closing Doors’ (2013), premiada como Mellor Película e que recibiu tamén a Mención Especial do Xurado

Domingo 24 abril, 18:40 h.: ‘The Eclipse’ (2009), con Ciarán Hinds, ganador do Premio ao Mellor Actor

Domingo 24 abril, 20:15 h.: ‘Five Star’ (2012), premio á Mellor Montaxe

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios