menú

Especial Festival de Cannes en TV5MONDE

11/05/2016
Blog R

Con motivo do Festival de Cannes, TV5MONDE (dial 201) convida os máis famosos actores e directores á túa casa cunha programación especial os domingos e xoves de maio ás 21:00h.

‘Toto el héroe’ é a película que a canle programou para a noite do domingo 8 de maio ás 21:00 h. Nela, o pequeno Thomas está convencido de que foi cambiado no nacemento co seu veciño Alfred. Premio Cámara de Oro en Cannes en 1991.

O domingo 15 de maio, quenda para ‘Hope’, Premio Rail de Ouro (Semana da Crítica, Cannes, 2014) e Premio da Crítica (Hamburgo 2014). Leonard, un mozo camerunés, presta axuda a Hope, unha nixeriana, ao cruzar o Sahara con destino a Europa. Nun mundo hostil, toca avanzar xuntos.

‘Mi tío de América’ é o título que se emite o domingo 22 de maio. O destino cruzado de tres personaxes cuxo comportamento é analizado polo biólogo Henri Laborit. A película conseguiu o Gran Premio Especial do Xurado por unanimidade e o Premio Fipresci en Cannes en 1980.

O último domingo de maio, TV5Monde programou ‘Nuestras vidas felices’. Seis amigos, seis destinos… e un camiño fráxil para todos eles. Cinta premiada na Selección Oficial do Festival de Cannes en 1999.

Pero non só os domingos serven para homenaxear a Cannes; cada xoves de maio, unha película de suspense tamén merecedora de galardóns no prestixioso festival.

‘Michael Kohlhass’ é o título da cinta que se emite o xoves 12 de maio. Michael é un tratante de cabalos que trata de restablecer os seus dereitos tras ser vítima da inxustiza do Barón no século XVI en Cevennes.

‘Fátima’, a película de Philippe Faucon gañadora dun César, debúxanos un retrato pleno de tenrura de Fátima, unha nai valente disposta a calquera sacrificio para asegurar o futuro das súas dúas fillas. Premio Quincena de Cannes 2015.

E o xoves 26 de maio, desfruta de ‘Harry, un amigo que os quiere’, a historia que relata as difíciles vacacións da parella formada por Michael e Claire. Protagonizada por Sergi López. Premios: Mellor director, actor, son, edición (César 2001), selección oficial (Cannes 2000).

Ademais, o martes 17 de maio, ás 18:40 h., TV5MONDE emite un documental inédito sobre a influencia do cine ‘Feito en Francia’. Un impresionante coro de talentos da sétima arte de todo o mundo, tales como Spike Lee, Diane Kruger e Martin Scorsese. Dirixido por Anne-Solen Douguet.

E para que non perdas detalle do Festival, a canle ofrece de luns a sábado unha cita cotiá coa alfombra vermella de Cannes. Ás 18:30 h. e ás 23:45 h., entrevistas ás estrelas que son noticia en Cannes.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*