menú

Tecnoloxía ao servizo da medicina en ‘Puro genio’

25/10/2016
Blog R

Dermot Mulroney (‘Agosto’, ‘La boda de mi mejor amigo’) protagoniza ‘Puro genio’, un novo drama médico que FOX Life (dial 28) estrea o xoves 3 de novembro ás 22:10 h.

Mulroney convértese en Walter Wallace, un cirurxián cun pasado controvertido ao que lle ofrecen dirixir o equipo médico dun novo hospital. Trátase dun centro médico único fundado por James Bell (Augustus Prew, ‘Los Borgia’). É un xenio de Silicon Valley que decide dar un bo uso á gran cantidade de millóns que posúe para crear o mellor centro médico do planeta, que contará coa tecnoloxía máis punteira ao servizo de médicos e pacientes.

‘Puro genio’ imaxina como sería a aplicación das técnicas máis novas do mundo no ámbito da medicina e a importancia das relacións humanas no tratamento dos enfermos.

O creador da serie é Jason Katims, produtor executivo de ‘Parenthood’.

Completan o elenco Odette Annable (‘Banshee’), que interpreta a unha das doutoras do equipo, que tamén está composto por Reshma Shetty (‘Royal Pains’), Aaron Jennings (‘Bones’), Ward Horton (‘Anabelle’) e Brenda Song (‘Dads’), entre outros.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*