menú

TCM rende homenaxe a Sir Michael Caine

24/05/2016
Blog R

Todas as noites dos mércores de xuño, TCM (dial 3) dedica unha programación especial a Michael Caine, un dos actores máis carismáticos, queridos e respectados polo público de todo o mundo.

A canle programa un ciclo no que se pode apreciar a evolución artística deste gran intérprete británico grazas a títulos como ‘Zulú’, ‘Ladrona por amor’ e ‘Alfie’, tres das súas primeiras longametraxes; ‘Un trabajo en Italia’, un dos seus grandes éxitos a finais dos anos 60, ou ‘Hannah y sus hermanas’, a película pola que conseguiu o seu primeiro Óscar a mediados da década dos 80.

Maurice Joseph Micklelwhite escolleu como nome artístico o de Michael Caine como homenaxe á súa película favorita, ‘El motín del Caine’, o clásico protagonizado por Humphrey Bogart. Naceu en Londres o 14 de marzo de 1933. Deixou o colexio aos 15 anos e desempeñou varios oficios antes de alistarse no exército. Segundo conta nas súas memorias, acabaría formando parte dunha das cuadrillas do seu barrio pero á súa volta conseguiu traballo como asistente nun teatro. E así, as rúas perderon a un pequeno delincuente e o mundo do espectáculo gañou un gran actor.

Michael Caine acaba de cumprir 83 anos pero, lonxe de pensar na xubilación, mantense activo e traballando a pleno rendemento. Vimos de velo en España en ‘La juventud’, de Paolo Sorrentinoo, e en xullo estréase a segunda parte de ‘Ahora me ves’, na que volve a repetir personaxe nunha historia chea de magos e ilusionistas.

Pero o de Michael Caine non é ningún truco nin nigún artificio, senón o resultado de máis de medio século fronte ás cámaras, brindándonos, unha e outra vez, o mellor de si mesmo.

Axenda:

Mércoles 1 de xuño
22:00h.: Produción TCM: ‘Sir Michael Caine’ (2016). Estrea exclusiva
22:05h.: ‘Alfie’ (1966)

Mércores 8 de xuño
22:00h.: ‘Ladrona por amor’ (‘Gambit’, 2016)

Mércores 15 de xuño
22:00h.: ‘El hombre del tiempo’ (‘The Weather Man’, 2005)

Mércores 22 de xuño
22:00h.: ‘Asesino implacable’ (‘Get Carter’, 1971)

Mércores 29 de xuño
15:05h.: ‘El hombre del tiempo’ (‘The Weather Man’, 2005)
16:45h.: ‘Alfie’ (1966)
18:35h.: ‘Un trabajo en Italia’ (‘The Italian Job’, 1969)
20:15h.: ‘Hannah y sus hermanas’ (‘Hannah and Her Sisters’, 1986)
22:00h.: Produción TCM: ‘Sir Michael Caine’ (2016)
22:05h.: ‘Zulú’ (‘Zulu’, 1964). Estrea

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios