menú

‘Notorious’, a nova serie de AXN

03/10/2016
Blog R

O mércores 12 de outubro, ás 22:15 h, chega a AXN (dial 21) a serie ‘Notorious’, que ofrece unha mirada provocativa á relación sexy e perigosa que pode unir á contorna criminal e ao dos medios de comunicación.

‘Notorious’ está protagonizada por uns amigos con moita química, Piper Perabo (‘Covert Affairs’) e Daniel Sunjata (‘Graceland’),que interpretan a Julia George e a Jake Gregorian respectivamente.

Julia é unha produtora de éxito nunha canle de noticias; Jake, un prestixioso avogado. A amizade e confianza que os une parece inquebrantable e serviranse dela para lograr os seus obxectivos, xa sexa gañar audiencia ou resolver un caso de forma favorable. Esta produción inspírase nas historias reais do afamado avogado Mark Geragos e da produtora de noticias Wendy Walker, quen ademais participan como produtores executivos.

Tamén participan na serie Sepideh Moafi como Megan Byrd, Kate Jennings Grant no papel de Louise Herrick, Ryan Guzman como Ryan, Kevin Zegers como Oscar Keaton, J. August Richards como Bradley Gregorian e Aimee Teegarden no papel de Ella Benjamin.

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios