menú

National Geographic Channel estrea o documental sobre o cambio climático producido por DiCaprio

24/10/2016
Blog R

National Geographic Channel (dial 50) estrea ‘Planeta Tierra: ¿Somos historia?’ o domingo 30 de outubro ás 19:30 h. Estrea simultánea en Nat Geo Wild (dial 55).

O documental está producido polo gañador dun Óscar, Leonardo DiCaprio, recoñecido activista ambiental e Mensaxeiro da Paz da ONU; e o tamén gañador do Óscar Fisher Stevens (‘The Cove’). Martin Scorsese é o produtor executivo desta longametraxe, que conta ademais con Brett Ratner e James Packer como produtores xunto a DiCaprio.

O documental presenta de forma exhaustiva a forma na que a sociedade pode previr a desaparición de especies en perigo de extinción, ecosistemas e comunidades indíxenas en todo o mundo. Os espectadores poden ver as evidencias que demostran o empeoramento da crise ambiental que está provocando un dano irreparable nas paisaxes virxes dende Groenladia a Indonesia, que está a acabar co equilibrio do clima do noso planeta e acelerando a extinción de moitas especies animais.

A estrea do documental faise en cines en Nova York e Los Ángeles xusto antes de facelo na televisión e antes tamén das eleccións presidenciais de Estados Unidos que terán lugar en novembro.

O obxectivo do documental é propoñer solucións prácticas e realistas que axuden a salvar o planeta, á vez que pretende ser unha chamada de atención en vésperas dos comicios presidenciais ao convidar ao espectador a decidir que líder priorizará un cambio nas políticas ambientais. A longametraxe conta ademais con entrevistas que realizou DiCaprio a personalidades de diversos ámbitos da sociedade, tanto en países desenvolvidos como noutros en vías de desenvolvemento, que achegan visións únicas e pragmáticas sobre o que se debe facer na actualidade, e no futuro, para que os sistemas políticos e económicos se convertan en institucións respectuosas co medio ambiente.

Nos testemuños inclúense os do Presidente de EEUU, Barack Obama; o exPresidente, Bill Clinton; o Secretario de Estado norteamericano John Kerry; o Secretario Xeral de Nacións Unidas, Ban Ki-moon; o Papa Francisco; así como destacados investigadores da NASA, conservacionistas forestais, reputados científicos, líderes da comunidade e ferventes activistas que traballan para salvar o mundo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*