menú

‘Erase una vez’ despídese en AXN White

15/01/2016
Blog R

O sábado 16 de xaneiro, ás 17:30 horas, AXN White (dial 26) estrea a quinta e última tempada da serie ‘Érase unha vez’.

Os escritores de ‘Perdidos’ deron unha volta moderna aos tradicionais contos de fadas entrelazando un mundo de fantasía e o mundo real nesta popular serie protagonizada por Jennifer Morrison, Ginnifer Goodwin e Robert Carlyle, que chega agora á súa última tempada.

Emma Swan inquiétase cando Henry, o fillo que ela deixou hai anos, aparece coa necesidade desesperada da súa axuda. Henry cre que Emma é a filla desaparecida de Blancanieves e o ‘Príncipe Encantador’. Cando Emma chega a Storybrooke descobre un lugar máxico onde os personaxes do conto están vivos aínda que eles non lembren quenes foron algunha vez.

A medida que a tempada avanza, novos personaxes revelaranse e volverán vellos coñecidos. Non se pode confiar en todo o mundo, pero unha cousa segue sendo certa: que nunca se renuncia á xente que amas …

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

5 comentarios

  1. paco di:

    “Henry cree que Emma es Blancanieves y la hija desaparecida del ‘Príncipe Encantador’”
    En tal caso será “Henry cree que Emma es la hija desaparecida de Blancanieves y el “Príncipe Encantador” (Príncipe Azul)”