menú

‘Empire’ dá a benvida a Mariah Carey

17/10/2016
Blog R

FOX Life (dial 28) estrea a terceira tempada de ‘Empire’ o domingo 23 de outubro ás 00:15 h.

Na terceira tempada, a batalla continúa na familia Lyon, onde todos terán que sobrepoñerse despois do impactante final da segunda entrega. Lucious (Terrence Howard, ‘Wayward Pines’) segue moi interesado en poñer en marcha un servizo de streaming, mentres se enfronta ao seu medio irmán, Tariq (Morocco Omari), que lidera o equipo que investiga os negocios de Lucious.

Haberá unha serie de flashbacks que revelarán como Loretha Holloway se converteu en Cookie Lyon e como coñeceu a Lucious. Mentres, os irmáns Lyon (Andre, Jamal w Hakeem) tomarán decisións que poderían desencadear unha nova batalla familiar.

Os novos episodios contarán con numerosas estrelas da música como Mariah Carey e os rapeiros French Montana e Birdman; e contarán ademais coa incorporación de Phylicia Rashad (‘La hora de Bill Cosby’) que interpretará a Diana Dubois, a matriarca dunha das familias máis relevantes da sociedade de Nova York.

‘Empire’ converteuse nunha das series con máis seguidores e máis premios dos últimos anos. O American Film Institute destacouna como unha das 10 series do ano e unha das súas protagonistas, Taraji P.Henson (‘El curioso caso de Benjamin Button’), levou un Globo de Ouro e dúas nominacións consecutivas aos Emmy por crear todo un animal televisivo como é Cookie Lyon.

‘Empire’ é unha creación do reputado director Lee Daniels, responsable da dirección de títulos como ‘El mayordomo’, ‘El chico del periódico’ ou ‘Precious’, e do gañador dun Emmy Danny Strong (‘Game Change’).

O clan de ‘Empire’ está encabezado por Terrence Howard y Taraji P. Henson, que interpreta á indomable Cookie. Os seus fillos son Hakeem (Bryshere Gray), Jamal (Jussie Smollett) e Andre (Trai Byers). Completan o elenco Gabourey Sidibe (‘American Horror Story’, ‘Precious’) que interpreta á axudante de Lucious; Kaitlin Doubleday (‘Hung’, ‘Atrápame si puedes’) que interpreta a Rhonda, a ambiciosa muller de Andre; e Grace Gealey, que interpreta á nova parella de Lucious.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios