menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Emerald City: COSMO visita o mundo de Oz

10/01/2017
Blog R

Xa non estás en Kansas, Dorothy! Toma nota. COSMO (dial 25) estrea a serie fantástica ‘Emerald City’ o venres 13 de xaneiro ás 22:15 h.

A forza dun tornado transporta á moza Dorothy dende Kansas cara a outro afastado mundo, unha misteriosa terra en perigo onde se está librando unha épica e sanguenta batalla.

Trátase de Oz como nunca antes se coñeceu. Un lugar onde o todopoderoso Mago prohibiu os feitizos e controla moitos dos reinos, malvadas bruxas conspiran nas sombras e por onde vagan sanguinarios guerreiros.

Co propósito de volver a casa, Dorothy converterase nunha decidida heroína que chegará a ter o destino do mundo nas súas mans.

Cunha realización cinematográfica e fotografía excelentes, ‘Emerald City’ conta cun elenco liderado por Adria Arjona (‘True Detective’), unha moza de 20 anos que vivirá unha incrible aventura. Acompáñana nesta sorprendente viaxe Oliver Jackson-Cohen (‘Drácula’) como Lucas (o seu personaxe sofre un gransw e doloroso trauma que lle fai perder a memoria) e Vincent D’Onofrio (‘Daredevil’), que interpreta ao Mago de Oz, entre moitos outros.

A serie conta con localizacións en lugares moi dispares, entre eles Croacia, Hungría e España, xa que moitos dos seus escenarios están inspirados na obra do arquitecto modernista Antoni Gaudí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios