menú

‘Ella, la elefanta’ e ‘Game Shakers’, estreas nas canles infantís en febreiro

26/01/2016
Blog R

Panda (dial 152) e Nickelodeon (dial 151) comezan febreiro con interesantes novidades nas súas grellas de programación.

Canal Panda (dial 152) preséntanos a ‘Ella, la elefanta’ o luns 1 de febreiro ás 13:25 h. ‘Isla Elefanta’ é o fogar dela, unha pequena elefanta cun corazón enorme e aínda maior imaxinación, que sempre leva un chapeu máxico de cor vermella que lle regalou a súa avoa. Encántalle xogar e explorar o mundo cos seus amigos Tiki, Frankie e Belinda.

Con todo, as súas divertidas aventuras e os seus intentos por axudar a todos os que a rodean, non sempre chegan a bo porto… Afortunadamente, cun pouco de imaxinación, traballo en equipo e a transformación do seu chapeu máxico, Ella resolve todos os problemas.

O mesmo luns 1 de febreiro tamén chega a Nickelodeon (dial 151) a serie revelación de 2016: ‘Game Shakers’. Nela podes ver como un grupo de amigos pasa de deseñar un inocente proxecto para a súa clase de ciencias a converterse nos reis das aplicacións e os xogos para móbiles. Pero isto non será tan sinxelo como parece … esta cuadrilla vai descubrir o complicado que é crear unha compañía que sempre estea ao día das tendencias dixitais.

Todo o mundo sabe que nun grupo de amigos sempre hai un líder. Esa é Babe! Babe é unha moza de doce anos moi guerreira e creativa. Xunto a ela está Kenzie, a quen non se lle dá moi ben facer amigos, pero compénsao cos seus alucinantes coñecementos sobre tecnoloxía. Descubre ‘Game Shakers’ o luns 1 ás 21:05 h.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios