menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Discovery Channel estrea ‘El trabajo más peligroso del mundo’

19/04/2016
Blog R

Na difícil situación actual, cantos aceptarían un posto en ‘El trabajo más peligroso del mundo’? O programa que estrea Discovery Channel (dial 51) o domingo 24 de abril a partir das 22:00 h. mostra oito dos traballos máis perigosos do mundo e como un grupo de novatos tentan demostrar que teñen o que se necesita para gañarse un posto permanente no equipo.

Esta serie de seis episodios mostra os arriscados retos que deben afrontar os aspirantes. Nestes traballos extremos, co perigo ameazando detrás de cada recuncho, non hai espazo para erros. Os novatos deben someterse á experiencia e sabedoría dos veteranos, mentres tratan de demostrar as súas habilidades para cada un destes traballos extremos, no que todos eles poñerán en xogo as súas vidas.

Arboricultores en plena escalada no bosque de Redwood, pilotos de montaña acrobáticos na sabana de Sudáfrica, camioneiros de carga pesada a través do corazón de Estados Unidos, mergulladores facendo labouras de construción no fondo do Pacífico, vulcanólogos ascendendo ao cráter pola ladeira do Stromboli e técnicos de turbinas de vento nalgunhas das condicións máis ventosas na Terra.

Deste xeito, poderemos seguir aos mozos Sean Bredeson, Nate Esposito e Tomas ‘Lupi’ Luporini tratando de obter un posto na empresa SMA Inc., dedicada á eliminación de árbores perigosas, cun servizo especial de urxencia en caso de furacáns, terremotos, corrementos de terra e outros desastres naturais.

Tamén veremos a Ron Vargas, un ex militar que trata de unirse a Bush Air, unha empresa de transporte aéreo con base no Parque Kruger de Sudáfrica, entre cuxas labores se atopa o transporte de carga para socorrer a safaris en terreos extremos, como montañas e pantanos nas máis perigosas condicións meteorolóxicas.

Outro dos aspirantes é Kevin Hollister, un contratista de limpeza de materiais perigosos que pretende converter a espeleoloxía na súa profesión a tempo completo. Tamén se mostrarán, entre outros, os esforzos de Fred Leverette, un experimentado camioneiro que aspira a unirse á empresa de Tim Beck, unha compañía dedicada ao transporte pesado nos terreos máis complicados, como o transporte masivo de 100 toneladas de equipos de perforación a través de miles de quilómetros de terreo inestable nun prazo non superior a cinco días.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*