menú

Directoras ao poder en TCM

02/03/2016
Blog R

O martes 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller e, tal e como fixo xa outros anos, TCM (dial 3) quere dedicar a programación dese día a películas dirixidas por mulleres.

Ao longo desa xornada e durante toda a semana, TCM mostrará o traballo de realizadoras como Sofia Coppola, Debra Granik, Susanne Bier e Isabel Coixet, directoras que conseguiron ter unha mirada e estilo propio, grazas a títulos como ‘Lost in Traslation’, ‘Winter’s Bone’, ‘En un mundo mejor’ e ‘Mi vida sin mí’, respectivamente. Películas que, ademais, inclúen personaxes femininos que forman xa parte da memoria dos afeccionados, como a moza recén casada aburrida no seu hotel de Tokio que encarnou Scarlett Johansson en ‘Lost in Traslation’; a moza que decide atopar ao seu pai para impedir o desafiuzamento da súa casa que interpreta Jennifer Lawrence en ‘Winter’s Bone’; ou a nai enferma mortal de cancro que grava unha serie de consellos ás súas fillas pequenas á que dá vida Sarah Polley en ‘Mi vida sin mí’.

Só unha muller en toda a historia, Kathryn Bigelow, gañou o Óscar á mellor dirección. Logrouno en 2010 por ‘En tierra hostil’. Só outra, Jane Campion, conseguiu a Palma de Ouro do Festival de Cannes, o máis importante do mundo. Conseguiuna en 1993 por ‘El piano’. Algo parecido ocorre con todos os demais
premios cinematográficos que se outorgan ao longo e ancho do planeta. O traballo das mulleres no mundo do cine, fóra da interpretación, o deseño de vestiario e algúns contados campos, foi moi pouco recoñecido e valorado profesionalmente. E se ademais nos fixamos no aspecto salarial, as mulleres foron
tradicionalmente discriminadas con respecto aos homes, algo que non pararon de denunciar recentemente as propias actrices americanas.

Como centro do especial, a directora e actriz Leticia Dolera falará sobre o papel das cineastas dentro do panorama cinematográfico actual nun programa exclusivo de produción propia.

Axenda

Luns 7 de marzo
22:00 h.: ‘Lost in Translation’ (‘Lost in Translation’, 2003)

Martes 8 de marzo, Día Internacional da Muller
16:40 h.: ‘Lost in Translation’ (‘Lost in Translation’, 2003)
18:20 h.: ‘Mi vida sin mí’ (2003)
20:05 h.: ‘En un mundo mejor’ (‘Haven’, 2010)
22:00 h.: Leticia Dolera presenta ‘Directoras al poder’ (2016). Estrea exclusivo
22:10 h.: ‘Winter’s Bone’ (‘Winter’s Bone’, 2010)

Mércores 9 de marzo
22:00 h.: ‘Mi vida sin mí’ (2003)

Xoves 10 de marzo
22:00 h.: ‘En un mundo mejor’ (‘Haven’, 2010)

Venres 11 de marzo
22:00 h.: Leticia Dolera presenta ‘Directoras al poder’ (2016). Repetición
22:10 h.: ‘Winter’s Bone’ (‘Winter’s Bone’, 2010)

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*