menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

‘Desviados’, a nova comedia de TNT

31/05/2016
Blog R

O luns 6 de xuño, TNT (dial 22) vístese de estrea ás 21:05 h para recibir a ‘Desviados’, unha hilarante comedia familiar ‘de carretera’.

Se algo pode ir mal durante unhas vacacións, irá mal. Polo menos iso é o que lles ocorre aos membros da familia Parker cando se dispoñen a emprender a viaxe soñada de Nova York a Florida. Unha serie de decisións catastróficas, casualidades sorprendentes e comportamentos delirantes converten as súas vacacións nun pesadelo que enlaza desastre tras desastre, a cal máis esmendrellante, que os conduce a un escenario diferente en cada un dos dez capítulos da primeira tempada.

O pai da familia, Nate Parker (Jason Jones), ten sempre as mellores intencións, pero non é precisamente un crack tomando as decisións máis acertadas. Robin (Natalie Zea), a nai, é forte e demostra sempre un gran sentido do humor, pero o seu pasado esconde algún que outro segredo. Aos fillos Delilah (Ashley
Gerasimovich) e Jared (Liam Carroll) non se os pode deixar soltos nin un momento. Se te despistas, xa a montan.

‘Desviados’ está creada, escrita e producida polo propio Jason Jones e a súa parella Samantha Bee, e promete converterse no momento máis refrescante do día de luns a venres, ás 21:05h, en TNT.

Nos Estados Unidos foi a mellor estrea de comedia do ano na televisión por cable e xa renovou para unha segunda tempada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios