menú

De Star Wars a Frozen… así é maio nas canles infantís

29/04/2016
Blog R

Coincidindo co Día da Nai, os benxamíns da casa desfrutarán coa emisión en exclusiva dos curtos de animación ‘Frozen Fever’ en Disney Junior (dial 161) o domingo 1 de maio dende as 11:00 h. Son unha serie de curtametraxes que continúan a historia dunha das películas Disney de maior éxito nos últimos anos. Os novos curtos contarán a historia de Elsa e Kristoff á hora de planificar unha das maiores festas que se viron nunca para os aniversarios de Anna. Pero os poderes de xeo de Elsa, un arrefriado e algún que outro imprevisto poñerán en risco a festa.

A maxia de Frozen non acabará aquí. Nada máis finalizar o primeiro curto, Disney Junior estrea un novo episodio de ‘La princesa Sofía’, esta vez con Olaf como convidado especial.

O mércores 4 de maio Disney XD (dial 160) celebra o ‘Día de Star Wars’ cun maratón que inclúe a estrea da serie de animación ‘Star Wars: The Resistance Rises’, coa emisión do seu primeiro capítulo ás 08:10 h. Esta serie consta de 5 episodios e conta a historia da resistencia de Lego que loita contra a nova Orde. Trátase da continuación de ‘Star Wars: El despertar de la Fuerza’, na que o capitán Poe Dameron, C3PO e BB-8 inician unha operación de rescate dun membro da Resistencia.

Nickelodeon (dial 151) presenta ‘Una casa de locos’, unha nova serie de animación centrada na caótica vida dunha casa chea de nenos e adolescentes. A partir do luns 16 de maio ás 20:40h., Lincoln convídanos a ver como vive, ou máis ben como sobrevive nunha familia numerosa na que el é o único mozo. Ten 10 irmás! A este mozo adolescente encántalle ler cómics, ver programas de pantasmas e ciencia ficción na tele e, por suposto, xogar a videoxogos. Á cabeza de numerosísima familia están os seus pais, o responsable dunha gran empresa de tecnoloxía e unha higienista dental. Ambos son o tipo de pais que confían nos seus fillos e os deixan expresar a súa personalidade libremente, aínda que isto faga que a casa se converta nunha auténtica tolemia.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

  1. oscar di:

    con lo que estafais a los clientes tendriais que poner las peliculas que se estan estrenando en el cine….

    • Hola, oscar.

      En ningún caso se estafa a nadie. Al contrario, las condiciones de los servicios son públicas. Intentamos ser lo más transparentes posibles y toda la información sobre nuestros servicios está recogida en nuestra web.

      Las películas de estreno nos las pasan las distribuidoras de cine y, como es lógico, tienen un coste que nos trasladan.

      Un saludo.