menú

De ‘Mucho Mimo’ á gala dos Kids Choice Awards… febreiro nas canles infantís

01/03/2016
Blog R

Benvidos a ‘Mucho Mimo’, un mundo divertido e máxico que se atopa nas nubes máis suaves e onduladas e é o fogar dunhas xoguetonas e alegres criaturas: Os Osos Amorosos. Alí, Angeloso, Mimosa, Quejoso, Generosa, Armoniosa, Gracioso e unha nova e curiosa cachorriña, Maravillosa, viven apaixonantes aventuras nas que se salienta a importancia de compartir e da amizade. Canal Panda (dial 152) estrea ‘Los Osos Amorosos’ o martes 1 de marzo ás 18:40 h.

O popular conto de ‘Ricitos de Oro’ chega a Disney Junior (dial 161) no seu formato máis animado, co título ‘Ricitos y Osito’, unha historia sobre a amizade entre unha nena e un entrañable oso. Estrea o sábado 5 de marzo ás 11:10 h. dentro do especial ‘Finde de cuento’.

O bo cine ten un espazo especial na grella de marzo de Disney XD (dial 160), coa estrea o sábado 5 ás 20:00 h. de ‘Mark y Russell: Un viaje salvaje’, a última Película Orixinal de Disney XD. Mark terá a oportunidade de levar ao baile á moza máis popular do seu instituto. Pero non ten carné de conducir. Glenn Bufferton, coñecido por ser un instrutor cun excelente historial de aprobados, debe axudarlle a conseguir o seu carné en tempo récord.

O luns 7 de marzo, ás 17:15 h., volve a Nickelodeon (dial 151) a familia máis alucinante da televisión: ‘Los Thundermans’. Phoebe e Max, acompañados por todos os membros da súa familia e o Doctor Colosso, volven poñer o traxe de superheroes tentando facer ver aos demais que levan unha vida normal e corrente. Nos novos episodios, Cherry quere que Max use os seus superpoderes para axudarlle a sacar o carné de conducir e aparecerá un novo supervillano secreto que resultará ser a ex noiva de Link.

Con motivo da estrea dos novos episodios de ‘Gravity Falls’ e ‘Campamento Lakebottom’, Disney XD contará do 7 ao 13 de marzo cunha programación terroríficamente divertida dentro do especial ‘Pelillos de Punta Week’. Desde as 18:30 h., dous capítulos diarios coas aventuras dos irmáns xemelgos Dipper y Mabel Pines en ‘Gravity Falls’ e o verán máis peculiar de McGee en ‘Campamento Lakebottom’. Como broche de ouro, cada día, ás 20 h., unha película de medo, entre as que destacan ‘Campamento Zombie’, ‘La Mansión Encantada’, ‘El Pequeño Fantasma’ e ‘La Montaña Embrujada’.

Unha nova edición dos Kids Choice Awards xa está aquí. Os premios máis divertidos volven a Nickelodeon (dial 151) o mércores 16 de marzo ás 20:15 h. Este ano, a gala estará chea de estrelas, música e … ‘Moitísimo slime! Un ano máis, os nenos terán a oportunidade de votar aos seus artistas favoritos nas categorías máis ‘molonas’. A gran noite estará presentada por un dos personaxes máis coñecidos do panorama musical internacional: Blake Shelton.

Phineas e Ferb volverán conquistar á súa audiencia o sábado 19 de marzo ás 9:30 h. coa estrea dun capítulo especial, ‘Expediente O.S.A.C.’. Como acompañamento de honra, Disney XD preparou ‘Misión Bestial’, especial composto polas mellores aventuras protagonizadas por animais.

O martes 22 de marzo, ás 11:40 h., a ‘Oveja Shaun’ é a protagonista dun especial titulado ‘Las llamas del granjero’ que emite Canal Panda. Cando o granxeiro e Bitzer van a unha feira de gando, Shaun agrégaselles, coa intención de facer algunha travesura, e cóase nunha poxa por tres exóticas e astutas chamas. A Shaun ocórreselle entón facerlle unha broma ao granxeiro e enganalo para que as compre.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios