menú

David Duchovny volve a Calle 13 coa nova tempada de ‘Aquarius’

12/09/2016
Blog R

Calle 13 (dial 23) estrea o domingo 18 de setembro, ás 22:55h, a segunda tempada de ‘Aquarius’, serie na que veremos escenas do crime que conmoveu ao mundo: o asasinato da actriz Sharon Tate.

A nova tempada chega a Calle 13 con trece novos episodios nos que o tristemente famoso asasinato de Sharon Tate e varios dos seus amigos, perpetrado por ‘La Familia’ de Charles Manson en 1969, ten especial protagonismo a través de flash-forwards durante toda a tempada. Mentres tanto, coa profunda revolución social e cultural de fondo nesa década en Estados Unidos, o detective Hodiak e o seu equipo seguen investigando crimes e corrupción, sen librarse de permanecer no punto de mira de Asuntos Internos polos seus métodos pouco ortodoxos.

Charlos Manson (interpretado por Gethin Anthony, ‘Juego de Tronos’) trasládase coa súa ‘familia’, que segue medrando, a unha nova residencia, onde as súas ilusións de grandeza e os seus delirios sobre a inminente loita de razas seguirán alimentando aos membros da súa seita.

David Duchovny (‘Expediente X’, ‘Californication’) interpreta neste inquietante drama a Sam Hodiak, un detective experto en homicidios cuxas investigacións se mesturan coas actividades de Charles Manson, líder da sanguenta seita que sacudiu o final da década dos sesenta en Estados Unidos.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 comentarios

  1. Juan di:

    Pues ya podéis ir espabilando. El día del estreno se emitieron dos capítulos de la nueva temporada y, ayer noche, sólo estaba el primero en el rebobina…
    Y ojito que parece que serán dos capítulos nuevos cada domingo…