menú

‘Cronenberg, 73 años de terror’, especial en Buzz

14/03/2016
Blog R

Buzz (dial 12) rende homenaxe ao mestre do terror David Cronenberg coa emisión de tres das súas películas icónicas o martes 15 de marzo desde as 17:50 h.

Cronenberg é o principal expoñente do denominado ‘horror corporal’, subxénero que explora os medos humanos ante a transformación física e a infección.

‘Vinieron de dentro de …’ é a primeira das películas que inclúe o especial de Buzz. Un científico suicídase tras realizar experimentos de enxeñería xenética con parasitos. Pouco despois, os veciños manifestan comportamentos que os converten en zombis con gran apetito de sangue e sexo.

Ás 19:25 h., emisión de ‘Rabia’. Unha parella sofre un accidente de moto e a moza é trasladada a unha clínica próxima para tentar salvarlle a vida. Alí é tratada cunha técnica dermatolóxica experimental que a salva pero que a obriga a alimentarse dende entón de sangue humano.

E, para terminar, ás 21:05 h., unha arrepiante cinta baseada nun libro de Stephen King: ‘La zona muerta’. John Smith é unha persoa normal, un profesor de inglés a piques de casar cando sofre un accidente de coche que o deixa en coma durante máis de catro anos. Cando esperta, ten poderes extra-sensoriais.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios