menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Crime e relixión mestúranse en ‘The Secret’

09/12/2016
Blog R

O amor conduciunos ao pecado, o pecado ao crime, o crime á destrución. Así se presenta ‘The Secret’, a miniserie británica que se estrea en Sundance Channel (dial 9) o xoves 15 de decembro ás 22:30 h.

A nova serie está protagonizada por James Nesbitt (‘Lucky Man’, ‘The Missing’). Nesbitt dálle vida a Colin Howell, un pai de familia exemplar, dentista, crente devoto e fiel. Ata que inicia unha tórrida relación con Hazel Buchanan, a muller dun policía. Convencidos de que o seu amor é obra de Deus, idean un escuro plan para librar ás súas familias do sufrimento e vivir xuntos para sempre.

A historia real dos Howell e os Buchanan, que se estendeu dende principios dos anos 90 ata o 2011, converteuse nun dos casos máis impactantes do Reino Unido.

A produción desta miniserie de catro episodios estivo rodeada dunha gran polémica en Irlanda do norte, afectándolles de maneira particular a familiares e amigos vinculados ao caso.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*