menú

‘Crash’ estrea tempada en Sundance Channel

09/06/2016
Blog R

O domingo 12 de xuño, ás 22:30 h, chega a Sundance Channel (dial 9) o final da primeira tempada de ‘Crash’. Pero a historia de Los Ángeles non acaba aí. Xusto despois, chega a estrea da segunda tempada.

Nos novos episodios da aclamada serie baseada na película homónima de Paul Haggis, reencontrámonos cos protagonistas desta serie dramática ambientada en California. Dennis Hopper repite no papel do extravagante produtor musical Ben Cedars, quen volve á súa cidade para descubrir a verdade sobre a morte da súa filla.

Coñeceremos a Seth, interpretado por Eric Roberts, un excéntrico multimillonario que planea crear un novo equipo de fútbol para a cidade ata que cre recibir unha chamada divina.

Continúan, ademais, as historias do promiscuo policía, Kenny, agora axente de seguridade; da voluptuosa Inez; do benintencionado Anthony; e doutros personaxes envoltos na eterna rede de violencia e corrupción en Los Ángeles.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*