menú

COSMO estrea ‘Guilt’

11/10/2016
Blog R

‘Guilt’ é un thriller dramático de dez episodios que nos presenta a unha moza americana en Londres que se converte na principal sospeitosa do brutal asasinato da súa compañeira de habitación. Estrea en COSMO (dial 25) o domingo 16 de outubro ás 22:00 h.

A medida que a investigación avanza, os espectadores cuestionaranse se a acusada é unha moza inocente cuxas malas decisións na vida a levaron a ser carne de canón para os tabloides británicos ou, pola contra, é unha auténtica psicópata que asasinou brutalmente á súa amiga.

No asasinato de Molly Ryan, moitos son culpables de esconder escuros segredos, pero unicamente un criminal é responsable directo do seu asasinato.

Cando Grace, a súa irmá, se converte na principal sospeitosa e no obxectivo da desapiadada prensa británica, Natalie decide trasladarse a Londres para apoiala e defendela. Coa axuda dun avogado de escasa moral chamado Stan pronto se poñerán de manifesto tantos trapos sucios que os seus propios amigos se preguntarán se realmente Grace é inocente.

Dos escuros clubs de sexo aos refinados ambientes da familia real británica, esta produción reúne a un elenco de novas promesas liderado por Billy Zane (‘Titanic’), Emily Tremaine (‘Vinyl’), Daisy Head (‘The Syndicate’), Cristian Solmeno (‘Rush’), Naomi Ryan (‘Guardianes de la Galaxia), Kevin Ryan (‘Copper’), Zachary Fall (‘Crossing Lines’), Simona Brown (‘Una vacante imprevista’) e o guapo debutante Sam Cassidy.

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios