menú
crimen en el paraiso

Gañadores das toallas de ‘Crimen en el paraíso’de COSMO

10/07/2017
Blog R

COSMO (dial 25) volve levarnos este verán ao arquipélago caribeño, concretamente a Saint Marie, unha illa na que os asasinatos parecen ser algo moi habitual. A sexta tempada de ‘Crimen en el paraíso’ arrinca o domingo 16 de xullo ás 21:15 h.

Volven os crimes, pero non vos preocupedes, Humphrey Goodman, o detective inglés, tentará solucionar todos os misterios.

Nova tempada, novos misterios

Na nova tempada, veremos o difícil que é resolver un asasinato no que todo parece indicar que foi unha morte por causas naturais. Ademais, o detective Humphrey espera a visita de Martha, un antigo amor seu de Londres, que lle espertará a ilusión de entón.

Nos novos episodios, veremos tamén un especial de dúas partes no que será necesario que o detective e o seu equipo viaxen a Londres para atopar aos sospeitosos. De feito, será a primeira vez que saen fóra da illa para resolver un caso. Aí coñeceremos ao novo detective, Ardal O’Hanlon (Jack Mooney), quen acabará ocupando o posto do detective Humphrey a partir dos últimos dous episodios desta tempada.

Unha vez pechado o caso de Londres, o novo inspector seguirá a pista dun caso por un turista asasinado e outro misterio que se sucederá durante as eleccións para elixir o alcalde de Saint Marie. Será o equipo capaz de solucionalo todo?

Sorteo

Para que foras a envexa dos teus amigos na praia ou na piscina, COSMO (dial 25) sorteaba entre todos os clientes de R 10 toallas da serie do verán ‘Crimen en el paraíso’. Bases legais

E xa temos os gañadores:

  • Ramón González
  • David Garriga
  • Luis López
  • Marcos Santos
  • María José Amil
  • María Isabel Díez
  • Belén Santos
  • Rosa Varela
  • José Luis Otero
  • Javier Leyenda
subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3 comentarios