menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

COSMO estrea ‘Heartbeat’, un novo drama médico

12/04/2016
Blog R

COSMO (dial 25) estrea o domingo 17 de abril ás 22:15 h. a serie ‘Heartbeat’. É un novo drama médico que acaba de chegar á NBC americana e cuxa primeira tempada consta de dez episodios.

‘Heartbeat’ está baseada na vida dunha prestixiosa cirurxiá especializada en transplantes de corazón. A doutora Kathy Magliato reflectiu as súas experiencias reais no libro ‘Heart Matters: A Memoir Of A Female Heart Surgeon’, todo un éxito de vendas. Na ficción, a cirurxiá chámase Alex Panttiere e o personaxe é interpretado por Melissa George, actriz australiana á que vimos en producións como ‘The Good Wife’, ‘Anatomía de Grey’ ou ‘Alias’.

Alex é unha muller independente, tenaz e loitadora cun carácter difícil pero moi boa no seu traballo como cirurxiá cardíaca e unha das poucas que existen no seu campo. A súa carreira como profesional é complicada; sen dúbida, a súa vida sentimental tamén.

Completan o elenco da serie Shelley Conn (‘The Lottery’, ‘Mistresses’…), que interpreta a Millicent, a xefa de persoal do hospital; Jamie Kennedy, que é o estraño Dr. Callahan; Maya Erskine encarna á enfermeira Gi-Sung; Joshua Leonard interpreta a Max, o exmarido gai de Alex; Don Hany é o doutor Jessie Shane e un dos amores do pasado de Alex; e Dave Annable (‘Red Band Society’) é o prestixioso cirurxián Pierce Harrison e actual noivo de Alex.

No primeiro capítulo, un novo paciente necesita de forma desesperada un transplante de corazón e a Doutora Alex Panttiere fará todo o posible para conseguir un doante. A situación é moi desesperada, pero todo cambia cando o noivo da paciente, un mozo con problemas psicolóxicos, se suicida para poder cederlle o seu corazón. Os responsables do hospital cuestionan a legalidade desta doazón, o que provocará o enfado da cirurxiá. Ademais de lidar con este complicado caso, un antigo amor volve á súa vida e ao seu traballo, o que complicará a súa relación con Pierce, a súa actual parella.

No segundo episodio, dúas xemelgas que están unidas dende o seu nacemento chegan ao hospital e unha delas é diagnosticada con cancro. Alex recomenda unha cirurxía moi complicada para salvarlles a vida, o que provocará un debate moi intenso entre o equipo médico. Tras pasar tempo con elas e observar a relación tan especial que manteñen, Alex tamén empeza a cuestionarse a súa relación con Pierce.

Ademais do carácter da protagonista, a serie destaca polo seu humor, os seus complicados casos médicos e por propoñernos situacións extremas que normalmente non se mostran na televisión.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios