menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Cosmo estrea ‘American Idol’, todo un referente do ‘talent show’ musical

10/03/2016
Blog R

Cosmo (dial 25) xa ten data para a estrea dun dos programas que fixo historia na televisión: ‘American Idol’. Este talent show estréase o luns 14 de marzo ás 17:30 h.

Cosmo emitirá de luns a venres a tempada XIV deste programa que busca ás próximas superestrelas da canción e que dende o seu nacemento en 2002 descubriu e lanzou á fama a multitude de artistas. En España, o amplo repertorio musical ofrécese subtitulado en inglés, polo que ademais de practicar idiomas convídase a toda a familia a xogar ao karaoke.

‘American Idol’ tivo un grande impacto na cultura popular americana e bateu marcas de audiencia tanto dentro como fóra das súas fronteiras. Programas como ‘Operación Triunfo’, ‘Factor X’ ou ‘Got Talent’ naceron pola súa inspiración e deixou pegada na industria da música. Ademais, para ben ou para mal,
personaxes como Simon Cowell marcaron un antes e un despois no xeito en que os xurados tratan os concursantes neste tipo de espazos.

Creado por Simon Fuller, ‘American Idol’ conta cun xurado composto por Jennifer Lopez, Keith Urban e Harry Connick Jr. e está presentado por Ryan Seacrest.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios