menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

COSMO estrea a quinta tempada de ‘Crimen en el paraíso’

28/06/2016
Blog R

COSMO (dial 25) convídate a pasar un novo verán criminal cos asasinatos misteriosos no Caribe da serie ‘Crimen en el paraíso’, cuxa nova tempada se estrea o domingo 3 de xullo ás 21:30 h.

Esta tempada consta de oito capítulos nos que o inspector HHumphrey Goodman (interpretado por Kris Marshall) está finalmente asentado na preciosa illa de Saint Marie, pero non pode evitar pensar que lle falta algo na vida. Cando decide comprar un bote como resposta aos seus problemas, o seu compañeiro Dwayne (Danny John-Jules) acerta co diagnóstico da súa crise de mediana idade: a raíz do seu problema é a falta de amor na súa vida.

Seguro de que hai unha fórmula para atopar o amor, Humphrey solicita a axuda de Florence (Joséphine Jobert) unicamente para descubrir que as complexidades das citas son aínda máis confusas que calquera misterio que tratase de resolver.

A capacidade dedutiva de Humphrey non serve de moito na vida de solteiro, pero no seu traballo o seu considerable intelecto e experiencia son testados ao límite esta tempada, enfrontándose a algúns dos asasinatos máis complexos vistos na illa de Saint Marie.

Nos novos capítulos a atención céntrase en resolver os casos máis complicados agora que o equipo de investigadores se renovou coa incorporación de Florence (Jobert) e JP Hooper (Tobi Bakare). A serie vólvese un pouco máis escura e inclúe máis elementos do xénero, aínda que por descontado a diversión e o moi particular carácter do detective protagonista son aspectos moi importantes no desenvolvemento das tramas.

Nos novos asasinatos semanais, somos testemuñas de novas formas de matar cada vez máis enxeñosas e brillantes que ao Inspector Goodman e a todo o seu equipo lles custará moito resolver. Os casos inclúen situacións como as do asasinato nun bote mentres todos están a facer submarinismo ou un morto que envía unha mensaxe de texto desde o ‘Más Allá’ dicindo ‘alguén me asasinou’. Tamén seguimos as investigacións relacionadas cun misterioso home que chega á illa sen coñecer a ninguén, rexístrase nun hotel e é asasinado durante a noite.

A illa caribeña de Saint Marie atrae a un gran número de actores convidados esta tempada, incluíndo a Charlotte Hope (‘Juego de Tronos’), Paul Nicholls (‘Law and Order: UK’), Emma Rigby ‘(Once Upon a Time in Wonderland’) ou Julian Ovenden (‘Downton Abbey’). Ademais, nun dos capítulos coñeceremos á tía de Humphrey, interpretada pola veterana actriz Wendy Craig.

Ademais dos misterios propios do xénero, tamén haberá tempo para o romance, xa que alguén casa na quinta tempada, quen será?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios