menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

COSMO aposta pola aventura con ‘Cazadores de lendas’

17/11/2016
Blog R

COSMO (dial 25) recupera toda a acción e aventura dos grandes títulos cinematográficos dos oitenta con ‘Cazadores de leyendas’, a serie que estrea o domingo 20 de novembro ás 22:15 h.

Esquece Indiana Jones. En novembro chega un novo aventureiro que ten máis selos no seu pasaporte: o seu nome é Hooten e está interpretado polo actor americano Michael Landes (‘Save me’, ‘Lois y Clark: las nuevas aventuras de Superman’). En cada episodio, o intrépido heroe viaxará a diferentes países na procura de tesouros perdidos acompañado da conservadora do Museo Británico, unha muller de espírito aristocrático chamada Lady Alexandra, interpretada pola actriz británica Ophelia Lovibond (‘Elementary’).

Dende a mítica cidade de ouro do Amazonas ata a tumba de Alejandro Magno, cada un dos oito capítulos que conforman a primeira tempada desta produción foi concibido como unha película e achéganos a impresionantes localizacións. De feito, foi xa comparada pola crítica con títulos cinematográficos lendarios do xénero de aventuras dos oitenta como ‘Indiana Jones’ ou ‘Tras el corazón verde’, nos que sen dúbida se inspira.

No primeiro capítulo coñecemos a Lady Alexandra (Lovibond), unha moza que está moi ben considerada no famoso Museo Británico de Londres. Pero o certo é que lle encanta o traballo de campo e especialmente a procura de tesouros perdidos. Os seus heroes son arqueólogos e exploradores como Howard Carter ou Percy Fawcett, así que decide ir ao Amazonas para buscar un asentamento dun explorador da época victoriana. Tras un ou dous pequenos contratempos, atópase co aventureiro americano Hooten (Landes), co que acabará formando equipo.

‘Cazadores de leyendas’ non escatimou en gastos para rodar en espectaculares escenarios naturais. Visitáronse multitude de localizacións incluíndo Roma, Suráfrica, Londres, Los Ángeles, Hong Kong e outras máis exóticas como Kuala Lumpur ou Cambodia. Ademais, é unha das poucas series que conseguiu os permisos necesarios para gravar na Plaza Roja de Moscova.

Ademais das incribles escenas de acción e os magníficos escenarios, os dous protagonistas teñen unha gran química e colaboran mutuamente para alcanzar os seus obxectivos, aínda que non sempre teñan o mesmo punto de vista. A serie introduce, a través dos diálogos dos protagonistas, moitos elementos de comedia e enfrontamentos dialécticos.

O elenco inclúe tamén a outros rostros moi coñecidos como son Jessica Hynes (‘Bridget Jones; Baby’), Shaun Parkes (‘El regreso de la momia’) ou Jonathan Bailey (‘Broadchurch’). E na listaxe de secundarios de luxo destaca un nome: Jane Seymour. Moi coñecida polo seu papel protagonista na película de James Bond ‘Vive y deja morir’ e pola serie ‘La Doctora Quinn’, Seymour interpreta a Lady Tabitha Lindo-Parker, a aristocrática nai da protagonista, unha muller moi divertida.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios