menú

Coñece a ‘Rosewood’ en TNT

30/03/2016
Blog R

TNT (dial 22) preséntache ao Doutor Rosewood (Morris Chestnut), o patólogo máis brillante e encantador de Miami. E á detective Annalise Villa (Jaina Lee Ortiz), unha irresistible axente con moita intuición pero con pouco sentido do humor. Ambos forman unha parella explosiva para resolver os casos máis complexos da cidade en ‘Rosewood’, serie que se estrea en TNT o xoves 7 de abril ás 22:30 h.

Para descubrir as pistas que ninguén é capaz de percibir a primeira ollada, Rosewood combina o uso dos últimos avances tecnolóxicos cunha gran capacidade de dedución. Pola súa banda, Annalise exerce de contrapunto perfecto e tenta cumprir as normas que ela mesma se marcou para superar os seus problemas persoais.

Cor, sol, música, festas na praia, narcotráfico, vinganzas, homicidios… Descubre o universo Rosewood.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios