menú

‘Con mi propia voz’, especial en TCM

06/10/2016
Blog R

O sábado 8 e o domingo 9 de outubro, TCM (dial 3) emite en exclusiva ‘Con mi propia voz’, unha serie de pequenas pezas audiovisuais cos testemuños que grandes actores e realizadores deixaron nos máis prestixiosos festivais de cine.

Apenas quedan testemuños do paso das grandes estrelas polos principais festivais de cine antes de que existise internet. Tan só unhas poucas imaxes en vídeo, algunha que outra fotografía e o vago recordo de xornalistas e críticos que cubriron eses certames dan fe da súa presenza en lugares como Cannes, Berlín, Venecia ou San Sebastián.

TCM conseguiu reunir, con todo, un precioso material que recupera o que dixeron ante os micrófonos inesquecibles actores como Jack Lemmon, Kirk Douglas, Sophia Loren ou Gregory Peck e realizadores tan importantes como Joseph L. Mankiewicz, Stanley Donen ou Robert Wise; o son das roldas de prensa que ofreceron cando foron homenaxeados naqueles eventos.

‘Con mi propia voz’ estrea un bo lote de pezas de menos de tres minutos de duración, elaboradas pola propia canle a partir dunhas antigas gravacións realizadas entre 1989 e o ano 2000 nos principais festivais cinematográficos do mundo, e que proceden do arquivo de ‘El Cine de Lo que yo te diga’, o lendario programa da Cadea Ser que marcou a toda unha xeración de oíntes afeccionados ao cine.

Grazas a este material, podemos oír estes grandísimos intérpretes e cineastas lembrando a súa traxectoria profesional e rememorando as anécdotas que salpicaron a súa vida. Unhas palabras que, afortunadamente, non as levou o vento nin foron sepultadas polo tempo e o esquecemento, senón que quedaron rexistradas para sempre en pequenas cintas de audio e que agora, pasados os anos, volven soar, deixando acta notarial do carisma dos máis grandes da historia do cine.

Sábado 8 de outubro
10:40 h: ‘Con mi propia voz: Joseph Mankiewicz’
10:45 h: ‘Con mi propia voz: Kirk Douglas’
10:50 h: ‘Espartaco’ (‘Spartacus’, 1960)
13:50 h: ‘Con mi propia voz: Jerry Lewis’
13:55 h: ‘El profesor chiflado’ (‘The Nutty Proffesor’, 1963)
15:40 h: ‘Con mi propia voz: Sophia Loren’
15:45 h: ‘Con mi propia voz: Bette Davis’
15:50 h: ‘¿Qué fue de Baby Jane?’ (‘What Ever Happened to Baby Jane?’, 1962)
18:00 h: ‘Con mi propia voz: Michael Caine’
18:05 h: ‘Hannah y sus hermanas’ (‘Hannah and Her Sisters’, 1986)
19:50 h: ‘Con mi propia voz: Robert Mitchum’
19:55 h: ‘El dorado’ (‘El Dorado’, 1966)
22:00 h: ‘Con mi propia voz: Gregory Peck’
22:05 h: ‘Vacaciones en Roma’ (‘Roman Holiday’, 1953)

Domingo 9 de outubro
12:20 h: ‘Con mi propia voz: Stanley Donen’
12:25 h: ‘Charada’ (‘Charade’, 1963)
14:15 h: ‘Con mi propia voz: Alain Delon’
14:20 h: ‘Con mi propia voz: Robert Wise’
14:25 h: ‘Star Trek: La película’ (‘Star Trek: The Motion Picture’, 1979)
16:30 h: ‘Con mi propia voz: Catherine Deneuve’
16:35 h: ‘Con mi propia voz: Jack Lemmon’
16:40 h: ‘La extraña pareja’ (‘The Odd Couple’, 1968)
18:20 h: ‘Con mi propia voz: Cyd Charisse’
18:25 h: ‘Cantando bajo la lluvia’ (‘Singin’ in the Rain’, 1952)
20:05 h: ‘Con mi propia voz: Mickey Rooney’
20:10 h: ‘Desayuno con diamantes’ (‘Breakfast At Tiffany’s’, 1961)
22:00 h: Selección TCM: ‘Con mi propia voz’ (2016)
22:15 h: ‘Con mi propia voz: Eva Marie Saint’
22:20 h: ‘Con la muerte en los talones’ (‘North by Northwest’, 1959)

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*