menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

‘Cómo defender a un asesino’ volve a AXN

05/02/2016
Blog R

O luns 8 de febreiro, ás 21:15h, chega a AXN (dial 21) a segunda tempada de ‘Cómo defender a un asesino’. Protagonizada por Viola Davis, a gañadora dun Emmy e nomeada nos Globos de Ouro pola súa interpretación de Annalise Keating na serie.

Na nova tempada, Annalise e os seus estudantes deben seguir adiante coas súas vidas coma se nada pasase, pero os estudantes seguen conmovidos pola desaparición de Rebecca. Só Annalise e Frank saben que Rebecca foi asasinada e os dous están decididos a descubrir quen a matou.

Mentres tanto, Annalise decide que quere incorporar novos clientes, uns irmáns aos que se lles acusa de matar aos seus pais. Ademais, un vello amigo sorprende a Annalise na casa para ensinarlle unha valiosa lección.

Din que o primeiro ano na facultade de dereito é o máis difícil. Despois de estar na clase da profesora Annalise Keating na Universidade de Middleton e conseguir o cobizado posto de traballo no seu despacho de avogados baixo as ordes dos dous socios de confianza de Annalise, Frank Delfino (Charlie Weber) e
Bonnie Winterbottom (Liza Weil), os ‘5 de Keating’ son levados ao límite. Poñen a proba os seus valores, conviccións e soños á vez que descobren un mundo tan escuro como o sistema xudicial no que están a tratar de aprender.

‘Cómo defender a un asesino’ está protagonizada por Viola Davis no papel da profesora Annalise Keating, Billy Brown como Nate, Alfred Enoch como Wes Gibbins, Jack Falahee como Connor Walsh, Aja Naomi King como Michaela Pratt, Matt McGorry como Asher Millstone, Karla Souza como Laurel Castillo, Charlie Weber como Frank Delfino e Liza Weil como Bonnie Winterbottom.

A serie está creada por Pete Nowalk (‘Scandal’, ‘Anatomía de Grey’). Shonda Rhimes e Bill D’Elia (‘Anatomía de Grey’, ‘El ala oeste de la Casa Blanca’) tamén son os produtores executivos e está producida por ABC Studios.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*