menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

‘Cómo defender a un asesino’ volve a AXN

16/02/2017
Blog R

O mércores 22 de febreiro, ás 23:05h, chega a AXN (dial 21) a terceira tempada de ‘Cómo defender a un asesino’. A serie está protagonizada pola gañadora dun Emmy e recentemente gañadora nos Globos de Ouro, Viola Davis.

Na nova tempada, co asasinato de Wallace Mahoney sen resolver e sen coñecer ademais o paradoiro de Frank, os cinco de Keating tentan avanzar coas súas vidas e enfrontarse ao segundo ano de carreira.

En ‘Cómo defender a un asesino’, un grupo de estudantes de primeiro ano da facultade de dereito tratan de conseguir un cobizado posto de traballo no despacho de avogados da profesora Annalise Keating (Viola Davis). Baixo as ordes dos dous socios de confianza de Annalise, Frank Delfino (Charlie Weber) e Bonnie Winterbottom (Liza Weil), os ‘5 de Keating’ son levados ao límite, poñendo a proba os seus valores, conviccións, soños e mesmo moitas verdades acerca de si mesmos que revelan un mundo tan escuro como o sistema xudicial no que están a aprender.

A serie está creada por Pete Nowalk (‘Scandal’, ‘Anatomía de Grey’). Shonda Rhimes (‘Anatomía de Grey’), Betsy Beers (‘Anatomía de Grey’) e Bill D’Elia (‘Anatomía de Grey’) tamén son os produtores executivos.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios