menú

‘Código negro’, o novo drama médico de Movistar Series

29/11/2016
Blog R

‘Código negro’ é un drama médico que segue a intensa e frenética rutina da unidade de urxencias máis atareada e crucial do país: a do ficticio Angels Memorial Hospital. Estrea en Movistar Series (dial 30) o venres 2 ás 22:40 h.

O imparable fluxo de pacientes excede de tal maneira os limitados recursos médicos que se crea unha situación coñecida como ‘código negro‘. Unha situación que, a diferenza do que ocorre na maioría de hospitais, aquí dáse ata 300 veces ao ano…

No medio deste caos controlado atópase a doutora Leanne Rorish dirixindo a área de residentes. Rorish é unha muller aparentemente dura e de volta de todo que se gañou o respecto da profesión polas súas exitosas operacións de alto risco na área reservada para os casos máis críticos.

Os seus catro novos residentes de primeiro ano, Christa Lorenson, Malaya Pineda, Mario Savetti e Angus Leighton, deberán lidar cun ritmo frenético inesperado mentres descobren de primeira man o que supón ser médico de urxencias. Aquí a vida mídese en segundos e os pacientes que chegan fano por dous motivos: para morrer ou para esperar un milagre.

Xunto a Leanne tamén traballan o carismático enfermeiro Jesse Sallander; o doutor Neal Hudson, que non termina de compartir os métodos de Leanne; e o enérxico e veterano doutor Rollie Guthrie.

O elenco da serie está encabezado por Marcia Gay Harden (’50 sombras de Grey’, ‘The Newsroom’) no papel da doutora Leanne Rorish. Xunto a ela, Luis Guzman (‘Narcos’) como o enfermeiro Jesse Sallander, confidente e amigo de Leanne e quen achega o punto de bo ambente ao equipo; Raza Jaffrey (‘Homeland’) é o doutor Neal Hudson, que continuamente cuestiona os métodos arriscados da doutora Rorish; Kevin Dunn (‘True Detective’) é o doutor Mark Taylor, director da unidade de urxencias.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios