menú

‘Chicago P.D.’, estrea en Calle 13

27/09/2016
Blog R

Calle 13 (dial 23) estrea o mércores 5 de outubro ás 22:00 h a serie ‘Chicago P.D.’, do exitoso produtor Dick Wolf (‘Ley y Orden’).

‘Chicago P.D.’ é un drama policíaco sobre un grupo de persoas que poñen a súa vida en xogo para protexer e servir. O distrito 21 do Departamento de Policía de Chicago divídese en dous grupos: os policías de uniforme que patrullan as rúas e combaten o crime cotián, e a unidade de intelixencia, o equipo que combate os delitos máis relevantes da cidade, como o crime organizado, o tráfico de drogas ou os asasinatos máis notorios.

A cargo do equipo de intelixencia está o sarxento Hank Voight (Jason Beghe), un home que non ten medo a traballar ao fío da lei para conseguir que se faga xustiza. É un líder esixente e duro e só os máis duros conseguen estar á altura.

O detective Antonio Dawson (Jon Seda), cunha complicada relación co seu xefe, ten o obxectivo de acabar liderando a unidade. E se isto significa enfrontarse a Voight cada día, farao. Dos axentes de base con soños de ascender aos que teñen altos cargos, a vida dos policías de Chicago é un reto constante.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios