menú

Chega a sexta tempada de ‘Pequeñas mentirosas’

10/02/2016
Blog R

AXN White (dial 26) estrea o sábado 13 de febreiro, ás 15:50h., a sexta tempada da serie ‘Pequeñas mentirosas’.

A serie vira ao redor de catro amigas que se unen contra un inimigo anónimo que ameaza con revelar os seus segredos máis escuros. Mentres, deben desentrañar o misterio da morte da súa mellor amiga.

Esta tempada, despois de anos de tormento e numerosas revelacións impactantes, as pequenas mentireiras finalmente descubriron a verdadeira identidade de ‘A.’ Agora, cinco anos máis tarde, chegan cunha nova imaxe, novos segredos… e novas mentiras. As mozas non son as mesmas persoas que eran cando saíron de Rosewood. Perseguiron os seus propios camiños e axustáronse a unha vida sen ‘A.’, así que, como van reaccionar cando algo que sucede en Rosewood as obriga a volver onde empezou todo?

Divididas entre os seus vellos hábitos e as súas novas vidas, as pequenas mentireiras deben quedar na cidade e unir as súas forzas, á vez que as súas relacións se poñen unha vez máis a proba e novos segredos serán revelados.

A serie é unha adaptación da saga literaria do mesmo nome creada por Sara Shepard.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios