menú

Chega a FOX o novo ‘MacGyver’

18/10/2016
Blog R

FOX (dial 20) estrea ‘MacGyver’, o reboot da mítica serie que protagonizou Richard Dean Anderson nos anos 80, o luns 24 de outubro ás 23:10 h.

MacGyver era outro tipo de axente secreto. Era capaz de completar as misións máis arriscadas sen a axuda das armas, polo menos das armas máis convencionais. O seu era outra cousa.

Foi un dos personaxes televisivos clave para unha ampla xeración de espectadores que entre 1985 e 1992 se deron conta de que un chicle, un clip e un par de cables podían ser letais se se sabía como combinalos.

Máis de 30 anos despois, MacGyver volve ás nosas vidas para demostrarnos que o enxeño pode con todo. O encargado de substituír ao inesquecible Richard Dean Anderson (‘Stargate’) é o mozo Lucas Till. El é o protagonista deste reboot da mítica serie que volve con aires renovados.

O punto de partida desta nova versión do xa clásico televisivo é moi parecido ao orixinal. MacGyver é un mozo que crea unha organización clandestina para axudar ao goberno norteamericano en arriscadas misións. É un personaxe que saberá usar a súa inventiva, o seu coñecemento e a súa capacidade de improvisación para converterse nun heroe de acción como non coñecemos antes.

O novo MacGyver non estará só nesta aventura. Contará coa inestimable axuda de Jack Dalton, un antigo axente da CIA interpretado por George Eads, o inesquecible Nick Stokes en ‘C.S.I’. Ambos contarán coa axuda de Patricia Thornton (Sandrine Holt, ‘House of Cards’), a directora de operacións desta unidade tan especial. Completan o elenco Tristin Mays (‘Crónicas Vampíricas’) e Justin Hires (‘Rush hour’), entre outros.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*