menú

Chega a FOX ‘Bull’, unha nova forma de interpretar a xustiza

29/09/2016
Blog R

Se pensabas que xa o viras todo nas series de avogados, o xoves 6 de outubro, ás 22:35 h, chega ‘BULL’ a FOX (dial 20). É a nova creación de Paul Attanasio, guionista de ‘House’.

‘BULL’ ofrece unha aproximación diferente ao xénero, centrada nun carismático personaxe central, o Dr. Jason Bull, e en todas as personalidades que se dan cita nun tribunal, dende os membros do xurado á defensa, as testemuñas ou o ministerio fiscal. É a eles a quen este experto e os seus colaboradores deben ser quen de escudriñar ata conseguir incidir no seu veredicto final.

O actor Michael Weatherly (‘Navy: Investigación criminal) dálle vida a este personaxe brillante, astuto e encantador, ao que lle achega o atractivo necesario para que empatice tanto cos personaxes que o rodean na ficción como cos espectadores. O segredo, unha intelixente combinación de psicoloxía, intuición humana e habilidades tecnolóxicas de última xeración que lle permiten achegarse á psique dos membros do xurado e tamén dos avogados, fiscais e testemuñas, cuxas opinións terminarán por condenar ou absolver a un acusado.

Baseada na vida real do doutor Phil McGraw, que asina o guión da serie xunto a Attanasio, ‘BULL’ presenta cada semana un caso baseado nas experiencias vividas no seu día por McGraw como consultor en xuízos e fundador dunha das firmas de consultoría especializada no tema en Estados Unidos.

Na ficción, esta compañía chámase Trial Analysis Corporation e nela Jason Bull dirixe un equipo de expertos responsables de analizar o sistema xudicial ata o máis pequeno detalle, dende a selección do xurado e a súa evolución durante o xuízo, á preparación de testemuñas ou a propia presentación do acusado e do caso.

Para conseguilo, debe rodearse dos mellores expertos, que conforman o elenco da serie: o avogado Benny Colón (Freddy Rodríguez, ‘A dos metros bajo tierra’), ex marido da irmá de Jason Bull, letrado perspicaz que actúa como avogado defensor nos simulacros de xuízo organizados pola compañía; Marissa Morgan (Geneva Carr, ‘No es tan fácil’), unha experta en neurolingüística de vangarda, membro do Departamento de Seguridade Nacional; a ex detective Danny James (Jaime Lee Kirchner, ‘The Mob Doctor’), probablemente a investigadora máis dura pero tamén a máis relevante da firma; a hacker Cable McCrory (Annabelle Attanasio, ‘The Knick’), xenio cibernético fundamental á hora de solicitar información; e o estilista Chunk Palmer (Christopher Jackson, ‘Hamilton’, ‘Oz’), responsable de que os clientes luzan o seu mellor aspecto na sala do tribunal.

Todos eles ao servizo dunha estratexia destinada a inclinar a balanza da xustiza en favor dos seus clientes.

‘BULL’ chega a España apenas dúas semanas despois da súa estrea en Estados Unidos. A súa emisión habitual será os xoves ás 22:20 h.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios