menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Celebra o Día do Pai coa nosa televisión

16/03/2016
Blog R

Superheroes, comedias familiares, aventuras espaciais… Celebra o Día do Pai ao grande cos especiais das canles.

Como cada ano, TNT (dial 22) vai facer un agasallo moi especial a todos os pais ‘teneteros’. Os superheroes máis famosos da historia reúnense o 19 de marzo para celebrar esta data ao grande.

Comeza o día a toda velocidade cun adrenalínico maratón da segunda tempada de ‘The Flash’, con Barry Allen enfundándose de novo o seu famoso traxe vermello para combater as forzas do mal. A continuación, o lendario grupo de superheroes capitaneado por Iron man, Hulk, Thor e o Capitán América uniranse para salvar ao mundo dun desastre seguro en ‘Los Vengadores’, a adaptación ao cine do cómic homónimo de Marvel.

Por último, Schwarzenegger converterase no ‘Eliminador’ en ‘Eraser’, un especialista en protección de testemuñas que empeza a sospeitar da fiabilidade dos seus compañeiros. Pura acción para todos os públicos.

Chega o Día do Pai e en Canal Somos (dial 8) atopan unha inmellorable escusa para dedicar a tarde do sábado 19 de marzo a dous desternillantes títulos con moito humor idóneos para brindar con todos as cabezas de familia: ‘¿Qué hacemos con los hijos?’ e ‘Padre: no hay más que dos’.

Pola súa banda, Disney Junior (dial 161) ten preparada unha programación en grao sumo familiar para o sábado 19 a través do especial ‘Un papá cósmico’. Do luns 14 ao venres 18, desde as 8:00 h., os máis pequenos da casa poderán desfrutar dunha selección de episodios de ‘Miles del futuro’ protagonizados por Leo e as súas divertidas aventuras na estación espacial. Pero as auténticas celebracións comezan o sábado 19 ás 9:30 h. coa emisión de ‘101 Dálmatas’, un clásico Disney que reunirá tanto a pequenos como a maiores para festexar o Día do Pai coa familia ao completo. Ao finalizar, a canle estrea un novo e esperado episodio da serie ‘Miles del futuro’ ás 10:45 h.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios