menú

Movistar Series Xtra estrea ‘Timeless’

27/09/2016
Blog R

‘Timeless’ é unha serie de aventuras e ciencia ficción que segue as misións de Lucy, Wyatt e Rufus, un equipo de expertos recrutados polo goberno para viaxar ao pasado nunha máquina do tempo e evitar que un criminal cambie o curso da historia de EEUU. Estrea o martes 4 de outubro ás 22:35 h en Movistar Series Xtra (dial 31).

Garcia Flynn é un misterioso criminal que roubou unha máquina do tempo de última xeración gardada en segredo polo Estado. A súa intención é cambiar o pasado para destruír os Estados Unidos tal e como os coñecemos. A única esperanza do goberno está nun equipo en grao sumo variado: un científico, un marine e unha profesora de historia. Os tres son recrutados polo Goberno e enviados ao pasado nun segundo prototipo da máquina, co fin de evitar por todos os medios que Flynn saia coa súa e cambie o curso da historia.

No episodio piloto, o equipo viaxa a 1937 no momento do desastre do zepelín Hindenburg en Nova Jersey.

‘Timeless’ é unha serie sobre viaxes no tempo desenvolvida por un equipo creativo de altura: Eric Kripke é especialista en series de acción e aventuras, creador de ‘Sobrenatural’ (serie que vai xa pola súa tempada 12) e ‘Revolution’. Shawn Ryan é o creador de ‘The Shield’, gañadora de dous Globos de Ouro e un Emmy e considerada unha serie de culto. Dirixe Neil Marshall, que se encargou de dirixir a famosa batalla do ‘Aguasnegras’ en ‘Juego de Tronos’.

A serie enlaza coa tendencia actual das viaxes no tempo, moi de moda esta tempada, pero dálle unha volta ríndose dos clichés do xénero e xogando co humor entre pasado e presente.

Está protagonizada por Abigail Spencer (‘Mad Men’, ‘True Detective’) no papel de Lucy, a profesora de historia; Matt Lanter (‘90210’, ‘CSI: Cyber’) como Wyatt, o exmarine que perdeu á súa muller; Malcolm Barrett (‘En tierra hostil’, ‘Southland’) como Rufus, o tímido científico de cor que oc acompaña; Goran
Visnjic (‘Urgencias’, ‘Crossing Lines’) como o vilán da historia, García Flynn; e Sakina Jaffrey (‘House of Cards’, ‘Mr. Robot’) como a axente gobernamental Christopher.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios