menú

Canal Series estrea a segunda tempada de ‘La extraña pareja’

02/11/2016
Blog R

Dous solteiros. Un mesmo teito. Cero en común. Canal Series (dial 30) estrea o sábado 5 de novembro ás 22:30 h a segunda tempada de ‘La extraña pareja’, a sitcom vándala protagonizada por Matthew Perry (‘Friends’) e Thomas Lennon.

Creada polo mesmo Matthew Perry, está baseada na mítica serie dos 70, todo un clásico da televisión.

Na primeira tempada coñeciamos a Oscar Madison (Matthew Perry), un home divorciado que traballa nun programa deportivo de radio e cuxa vida dá un xiro cando se ve obrigado a acoller ao seu colega Felix Unger (Thomas Lennon), que acaba de separarse da súa muller e busca aloxamento na casa do seu amigo.

Pero a convivencia non vai resultar nada fácil. A obsesión case enfermiza de Félix pola limpeza e a orde chocan cos hábitos de Óscar, que é descoidado, está de volta de todo e non ten intención de cambiar as súas teimas a estas alturas da vida. Pero nese contraste redescubren a súa amizade.

A segunda tempada segue explorando esta relación entre os dous amigos e continúa coa dinámica de humor ao redor dos seus dous caracteres opostos.

‘La extraña pareja’, que foi a comedia número 1 de EEUU na súa primeira tempada (2014), é a nova serie de Matthew Perry, unha das caras máis coñecidas da comedia por ‘Friends’. En ‘La extraña pareja’ fai as veces de guionista, produtor executivo e protagonista da serie.

O elenco complétano Wendell Pierce (‘The Wire’) e Yvette Nicole Brown (‘Community’) e conta con estrelas convidadas como Lauren Graham (‘Las chicas Gilmore’) e Teri Hatcher (‘Mujeres desesperadas’), que se incorpora á serie nesta nova tempada no papel de Charlotte, unha nai solteira que vive no edificio de Oscar e Felix.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios