menú

Canal Cocina estrea ‘Me voy a comer el mundo’

26/05/2016
Blog R

Canal Cocina (dial 58) estrea ‘Me voy a comer el mundo’ o xoves 2 de xuño á 12:00h.

Trátase dun novo programa de viaxes gastronómicas que nos mostra a fondo a cociña de 22 grandes cidades de todo o mundo.

Ademais de visitar os seus mercados e restaurantes, a xornalista Verónica Zumalacárregui dá un paso máis no seu afán por investigar os costumes de cada destino e contacta con protagonistas locais que falan español e que farán de cicerones de excepción.

Sen dúbida, a mellor maneira de coñecer de primeira man o que se coce arredor da mesa en cada recuncho do mundo e a chave mestra para coarse nas casas destes ‘guías’, esculcar as súas neveiras e despensas, cociñar e compartir mesa en familia.

En xuño, ‘Me voy a comer el mundo’ paséase por Tokio, Moscova, Dubai, Nova Orleans e Nápoles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios