menú
Campeonato del mundo de patinaje

Campionato do Mundo de patinaxe artística en Eurosport

30/03/2016
Blog R

Eurosport (dial 70) e Eurosport 2 (dial 71) emitirán a partir do mércores 30 de marzo o Campionato do Mundo de patinaxe artística que se celebrará en Boston.

O español Javier Fernández é un dos patinadores favoritos e buscará gañar o seu segundo título mundial. Nesta edición Fernández patinará o programa curto coa música de “Malagueña” interpretada por Paco de Lucía e Plácido Domingo e o longo coa canción de “Guys and Dolls” de Frank Sinatra.

O equipo español está formado, ademais de por Javier Fernández, por Javier Raya, Sonia Lafuente e a parella de danza Celia Robledo e Luis Fenero. Na representación doutros países destacan o xaponés Yuzuru Hanyu e o canadense Patrick Chan.

A cobertura de Eurosport contará cos comentarios de Miguel Ángel Yáñez e a patinadora Marta Senra.

Aquí podedes consultar a programación diaria do campionato que se emitirá do 30 de marzo ao 3 de abril.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios