menú

Calle 13 estrea ‘Shades of Blue’

29/03/2016
Blog R

Calle 13 (dial 23) estrea en primicia en España ‘Shades of Blue’, a primeira serie de televisión protagonizada por Jennifer Lopez. Trátase dunha trama policíaca chea de matices e complexos personaxes. Estrea o xoves 7 de abril ás 22:20 h.

Jennifer Lopez, que tamén produce esta historia, interpreta a Herlee Santos, unha decidida nai solteira e brillante policía que trata de facerse valer dentro dun grupo moi unido de detectives de Brooklyn, liderado polo enigmático tenente Matt Wozniak (Ray Liotta, ‘Uno de los nuestros’), que tende a levar ao equipo aos límites da legalidade para protexer o seu distrito e aos seus.

Cando Harlee se ve implicada nunha situación ilegal, o FBI descóbrea e obrígaa a volverse contra a súa propia unidade. Convertida en informante do FBI, Harlee trata igulamente de protexer aos seus compañeiros ao mesmo tempo que evita ser arrestada para poder quedar coa súa filla. Ademais, Harlee desenvolve unha perigosa relación co seu responsable no FBI, o axente especial Stahl (Warren Kole, ’24’), que se obsesiona con ela.

Mentres tanto, Wozniak, que considera que a súa responsabilidade é protexer a unidade, comeza unha procura obsesiva do topo que sabe que os está delatando. A presión medra ao tempo que o equipo vai tendo cada vez máis problemas para facer xustiza á súa maneira debido á vixilancia do FBI.

O elenco da serie, estreada recentemente con grande éxito na NBC norteamericana, inclúe a Ray Liotta (‘Uno de los nuestros’), Drea de Matteo (‘Los Soprano’), Dayo Okeniyi (‘Terminator: Génesis’, ‘Los juegos del hambre’), Vincent Laresca (‘El aviador’), Hampton Fluker (‘Aquarius’, ‘Un sueño posible’) e Sarah Jeffery (‘Wayward Pines’). Santino Fontana (‘Crazy Ex-Girlfriend’) aparece como actor convidado.

Barry Levinson (‘Rain Man’, ‘Sleepers’, ‘Oz’) dirixe os dous primeiros episodios da serie.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios