menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Calle 13 estrea ‘Aquarius’, con David Duchovny

28/04/2016
Blog R

Calle 13 (dial 23) estrea en primicia o xoves 5 de maio ‘Aquarius’, serie na que David Duchovny interpreta ao detective Sam Hodiak. Ás 21:30 h.

Hodiak persegue a Charles Manson, líder da sanguenta seita que sacudiu o final da década dos sesenta en Estados Unidos.

É 1968, un ano antes da matanza máis notoria de toda unha xeración. Cunha revolución cultural e social como pano de fondo, Hodiak indaga nunha sinistra rede de asasinatos e corrupción.

O seu estilo provocativo fará que se atope baixo investigación de Asuntos Internos, mentres Manson (interpretado por Gethin Anthony, ‘Juego de Tronos’) ve como a súa influencia e a súa crecente familia poderían ter un psicodélico e glamouroso futuro. Con todo, conforme o futuro se empeza a albiscar, a traxedia parece máis e máis ineludible.

A serie xa foi renovada para unha segunda entrega.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios