menú

‘Blindspot’ volve a AXN

14/03/2016
Blog R

O martes 15 de marzo, ás 23:10 h., AXN (dial 21) estrea novos episodios de ‘Blindspot’.

Sullivan Stapleton (‘300: El Origen de un Imperio’), Jaimie Alexander (‘Thor’) e a nominada ao Óscar Marianne Jean-Baptiste (‘Sin rastro’) protagonizan unha das series do ano. Trátase dun thriller de acción protagonizado polo curtido axente do FBI Kurt Weller, quen se mete nunha complexa conspiración dende o momento no que Jane Doe aparece espida e sen memoria na metade de Times Square con misteriosas tatuaxes por todo o corpo, incluíndo unha co nome do axente Weller.

Weller e os seus compañeiros de equipo comezan a investigar o verdadeiro mapa que son as tatuaxes de Jane, arrastrándoos a un submundo de alto risco a través dun labirinto de segredos e revelacións. A información que descubran, en última instancia, podería cambiar o mundo.

O foco desta gran incógnita é a relación entre Weller e Jane Doe. Cada día que pasa, Jane descobre unha nova habilidade ou un talento escondido sen entender a súa orixe, mentres Weller se encerra cada vez máis nos seus problemas e na súa complicada relación con esta enigmática muller. Ambos se esforzan por forxar unha conexión, sen darse conta do punto cego que os ameaza perigosamente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios