menú

‘Bella y Bestia’ despídese en Syfy

08/07/2016
Blog R

Syfy (dial 27) estrea en xullo, a só un mes da súa estrea en EE.UU., a cuarta e última tempada desta serie que reinventa a mítica lenda dun amor que parece imposible. O mércores 13 de xullo asistimos en Syfy ao seu desenlace ás 22:00 h.

Esta apaixonante historia de romance e ciencia ficción converteuse nun fenómeno fan que traspasa fronteiras. Catherine Chandler (Kristin Kreuk, ‘Smallville’) e Vincent Keller (Jay Ryan, ‘Top of the Lake’) son os tráxicos amantes desta actualización do clásico conto de ‘La Bella y la Bestia’.

Aquí, os protagonistas son unha moza detective de homicidios e un misterioso doutor cun terrible segredo: unha serie de experimentos convertérono nunha besta que aparece sen que el poida controlalo. O que descobren na primeira tempada é que a súa unión é cousa do destino: el foi quen, na súa forma de besta, a salvou cando era unha nena, o mesmo día que a súa nai foi asasinada.

A atracción e o amor entre Cat e Vincent son palpables dende que se coñecen pero as dificultades del por manter o control sobre as súas transformacións en besta e os múltiples inimigos que os perseguen (especialmente unha organización chamada Muirfield) non fan que a relación entre eles sexa fácil. Pero nunca deixan de loitar polo seu amor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios