menú
Batman

Batman, como cambiaches!

03/06/2016
Blog R

É un dos superheroes que todos quixeramos ser nalgún momento da nosa vida: guapo, millonario e con todos os dispositivos posibles para acabar cos malos malísimos. Se es fan de Batman, este domingo 5 xuño non te moverás do sofá. TNT (dial 22) convídache a desfrutar a partir das 15:45h do especial ‘Triloxía O cabaleiro escuro’, máis de sete horas de acción, drama e efectos espectaculares firmados por Christopher Nolan.

Pero o Batman que coñecemos hoxe en día non é o mesmo de hai anos. Así que para quentar motores, botamos a vista atrás e repasamos todas as caras que nos ensinou Batman, dende o sesenteiro Adam West ata o controvertido Ben Affleck. Cal é o teu favorito?

  • Batman (serie de 1943), con Lewis Wilson
  • Batman y Robin (serie de 1949), con Robert Lewery
  • Batman (serie de 1966), con Adam West
  • Batman: La Película (película de 1966), con Adam West
  • Batman (película de 1989), con Michael Keaton
  • Batman Returns (película de 1992), con Michael Keaton
  • Batman Forever (película de 1995), con Val Kilmer
  • Batman & Robin (película de 1997), con George Clooney
  • Batman Begins (película de 2005), con Christian Bale
  • The Dark Knight (película de 2008), con Christian Bale
  • The Dark Knight Rises (película de 2010), con Christian Bale

Os primeiros homes morcego

Pero cando nace exactamente Batman na pequena pantalla? Pois en 1943, cando Columbia decide convertelo nun ser de carne e óso. O primeiro en enfundarse o traxe foi Lewis Wilson na serie ‘Batman’ (1943), cuxo éxito deu lugar á secuela ‘Batman y Robin’ (1949), pero agora con Robert Lewery no papel do superheroe. Como curiosidade, os creadores da serie decidiron caracterizar a Alfred como un home delgado e refinado, fronte ao tipo gordo dos cómics.

 

/div>
Adam West

Na década dos 60 irrompía nos nosos televisores o Batman de Adam West para converterse nunha auténtica icona pop, bastante afastado do heroe do cómic (non sabemos que lle pareceu ao seu creador Bob Kane). Quen non cantaruxou a apegadiza intro? En Galicia arrasou grazas a que o viamos no Xabarín Club na TV, acordádesvos?:

 

Á mesma bathora no mesmo batcanal , dende 1966 a 1968, Batman e Robin poñían no seu sitio a todo tipo de viláns a golpe de “Bang”, “Pow”, “Boff” ou “Zapp”. E nós desfrutámolo en galego xa nos 90, con grandes momentos como estes:

 

O éxito da serie foi tal dende o inicio que o mesmo ano da súa estrea (1966) era levado á gran pantalla coa maior parte do elenco. En España, a cinta foi censurada polo franquismo e non se estreou ata xullo de 1979.

 

Os 90: Tim Burton e Joel Schumacher

O tirón do superheroe volveu con forza na década dos 90: 4 películas, 2 directores e 3 actores diferentes no papel de Batman. Coidado cos secundarios desta época.

Tim Burton foi o encargado de espertar ao home morcego do seu letargo  e o fixo cun éxito rotundo axudado pola aplaudida interpretación de Michael Keaton e un dos Joker máis emblemáticos, Jack Nicholson. ‘Batman’ estreouse en 1989, con motivo do 50º aniversario da creación do personaxe.

Joker Jack Nicholson Giphy

O tándem Burton-Keaton repetiu en ‘Batman Returns’ (1992), cuxa pouca aceptación levou ao director a rexeitar unha terceira entrega da saga. Nesta aventura acompáñaos Danny DeVito como O Pingüín e Michelle Pfeiffer na pel de Catwoman. Esta última case se converte na protagonista do spin off que Tim Burton pensou en realizar e que truncou pola súa saída da franquía. ‘Catwoman’ finalmente chegaría en 2004, pero interpretada por Halle Berry, merecedora dun dos catro Premios Razzie que recibiu a cinta.

Tras a marcha de Tim Burton, tomou a substitución o cineasta Joel Schumacher, que asinaría as dúas seguintes entregas. Pero Batman xa non sería nunca máis Michael Keaton, que tras ler o guión, tamén se baixou do proxecto. En ‘Batman Forever’ (1995), é Val Kilmer quen mantén a salvo as rúas de Gotham City, axudado por Chris O’Donnell no papel Robin. Ambos terán que enfrontarse con Enigma e Dúas Caras, interpretados por Jim Carrey e Tommy Lee Jones.

Pero Val Kilmer tampouco durou no cargo, molesto co crecente protagonismo dos viláns. George Clooney será quen se poña por última vez o traxe de Batman nos 90. En ‘Batman & Robin’ (1997) terá como inimigos a Uma Thurman, Poison Ivy, e Arnold Schwarzenegger, Mr. Freeze. Completa o elenco unha Alicia Silverstone na crista da onda, no papel de Batgirl.

O cabaleiro escuro de Nolan

A partir de aí Batman retirouse á súa batcova a descansar. E, case dez anos despois, o cinema volveu desempoar do armario o traxe de Bruce Wayne. Con Christopher Nolan chega o cabaleiro escuro de Christian Bale, máis escuro e humano, cheo de luces e sombras. Non ía ser unha triloxía, pero o éxito fixo o resto.

En ‘Batman Begins’ (2005) descubrimos a orixe da historia do superheroe e como a morte dos seus pais o levaron a converterse en Batman. A Bale acompáñano na súa estrea como cabaleiro escuro: Michael Caine como o mordomo Alfred, Liam Neeson como o vilán Ra’s al Ghul ou Gary Oldman como o comisionado Gordon.

Batman Christian Bale Giphy

Con ‘The Dark Night’ (2008) coñecemos ao que para moitos foi o mellor Joker da historia, Heath Ledger, con permiso de Jack Nicholson. A morte de Ledger pouco despois de terminar a rodaxe da película, rodeou a estrea de sombras e especulacións. A súa maxistral interpretación valeulle un Oscar póstumo como mellor actor de reparto e tamén o enfado de Bale, que chegou a confesar que Ledger o eclipsou por completo.

A última película da triloxía ‘The Dark Knight Rises’ (2010) non estivo tampouco exenta de misterio. Christopher Nolan e Christian Bale descartaran por completo introducir o personaxe de Robin. Con todo, o enigmático final levou a moitos a formular unha teoría. Non queremos facer spoiler , así que simplemente estade atentos e sacade as vosas conclusións.

Batman The Dark Knight Rises Christian Bale Giphy

Xa sabedes, o domingo 5 de xuño, non vos perdades o maratón do cabaleiro escuro en TNT, a partir das 15:45h.

Un saúdo!

Etiquetas: , , , , , ,
subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios