menú

AXN White estrea ‘The Player’

02/01/2017
Blog R

O domingo 8 de xaneiro, ás 13:20 h, AXN White (dial 26) estrea a serie ‘The Player’.

Ambientada nas Veigas, ‘The Player’ está coprotagonizada por Wesley Snipes no papel de supervisor dun casino e Charity Wakefield como crupier dun xogo de alto risco no que unha organización de individuos ricos aposta pola capacidade de Philip Winchester, ex axente militar convertido en experto en seguridade, para impedir que leven a cabo graves delitos.

Poderá acabar con eles dende dentro e vingar a morte da súa muller ou será certo o que din e a casa sempre gana?

John Rogers exerce de produtor executivo e guionista. Patrick Massett, John Zinman, John Davis, John Fox e o director Bharat Nalluri tamén son produtores executivos.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*