menú

AXN White estrea a segunda tempada de ‘Chicago Fire’

18/07/2016
Blog R

O domingo 24 de xullo, ás 13:20h, AXN White (dial 26) estrea a segunda tempada de ‘Chicago Fire’.

A serie trata a impresionante vida destes heroes cotiáns, homes e mulleres comprometidos cunha das profesións máis nobres de Estados Unidos.

A audiencia mantense permanentemente intrigada coas aventuras do equipo de bombeiros e paramédicos do parque de bombeiros 51 de Chicago. Non hai ocupación máis estresante e perigosa, e ao mesmo tempo máis gratificante. Estes valentes homes e mulleres forman parte dunha elite que vai de fronte ao perigo cando o resto da xente corre en dirección contraria e cuxas accións marcarán a diferenza entre a vida e a morte.

No comezo desta nova tempada, Severide atópase no punto de mira dun perigoso pirómano. Mentres tanto, no Parque 51 asume novas competencias debido aos recortes orzamentarios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios